11/07/2020
O Concello de Guitiriz recibiu un total de 103 solicitudes para participar na súa liña de subvencións dirixida a paliar os efectos económicos xerados pola crise sanitaria da COVID-19. Tras facer o reconto, os técnicos municipais están a estudar todas as instancias presentadas para facer a adxudicación definitiva.
Todos os autónomos do municipio que se visen afectados polo Estado de Alarma e participasen, se finalmente cumpren os requisitos marcados nas bases da convocatoria, recibirán unha axuda de, como mínimo, 1.500 euros. Esta poderá incrementarse 400 euros por autónomo a maiores empregado dentro do mesmo establecemento, podendo realizarse unha única solicitude por local e cun máximo de 2.500 euros.
O orzamento municipal que o goberno local destina a esta iniciativa ascende a 140.000 euros, cofinanciados con recursos propios e mediante o Plan Único provincial.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies