29/10/2024
A Biblioteca Casa Habanera de Guitiriz acollerá o sábado 16 de novembro a presentación do libro ‘Branco xiz tirando a negro’, do autor xermadés Xosé Manuel Felpeto Carballeira.
O acto dará comezo na biblioteca pública municipal ás 19:00 horas e conta con entrada de balde sen necesidade de reserva previa. Na presentación acompañarán ao escritor o concelleiro de Cultura, Ramón Rivas, o coordinador da Asociación Xérmolos, Alfonso Blanco, e o mestre Juan Carlos Vivero.
Xosé Manuel Felpeto é un escritor nado en Cabreiros (Xermade) en 1961. Leva presidindo a AV de Cabreiros desde o ano 1997, ano no que se creou, sendo promotor e coordinador de eventos socio-culturais. É un amante do mundo do teatro, no que leva colaborando varios anos.
Como escritor, ademais de contar con obras como a novela ‘O pau de ferro’, tamén é colaborador na edición A Chaira do diario El Progreso. ‘Branca xiz tirando a negro’, publicado no ano 2023, é o seu último traballo.
O artigo A Biblioteca Casa Habanera acollerá a presentación dun libro de Xosé Manuel Felpeto o sábado 16 de novembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies