Noticias y alertas

Continúan os actos da programación polo centenario da Escola Habanera

16/09/2024

A Escola Habanera de Guitiriz continúa coa programación especial para conmemorar o centenario da súa apertura. O vindeiro venres, 20 de setembro, realizarase un programa especial do programa ‘Voces de Lugo’, da canle Radio Voz, na biblioteca municipal. Será un espazo cheo de historia e anécdotas no que participarán voces que deixaron pegada na institución.


O programa gravarase en horario de 12:00 a 14:00 horas na propia Escola Habanera e terá as portas abertas para calquera interesado en acudir como público. Tras o programa especial de ‘Voces de Lugo’ celebrarase un convite cubano a partir das 14 horas no que haberá varios pinchos, da man da empresa Iberik Guitiriz, e unha actuación a cargo do grupo SonBoleros.


O acto forma parte da programación especial do Concello de Guitiriz para celebrar o centenario da apertura de portas da Escola Habanera, un dos edificios máis emblemáticos e importantes do municipio.


O artigo Continúan os actos da programación polo centenario da Escola Habanera publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies