Noticias y alertas

O Concello organiza unha viaxe ao Grove o próximo 30 de setembro

16/09/2024

O Concello de Guitiriz organizará unha viaxe ao Grove o luns 30 de setembro. Na viaxe realizarase un percorrido en catamarán pola ría de Arousa e terá un prezo de 55 euros por persoa, incluíndo o transporte, o almorzo e a comida.


O prazo de inscricións estará aberto desde o martes 17 de setembro ata o mércores 25 de setembro. As inscricións pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello. Haberá prazas limitadas, pero para a realización da viaxe é preciso que se apunten un mínimo de 35 persoas.


Ademais da viaxe en catamarán tamén se realizará un almorzo e unha comida que será servida na propia embarcación durante o percorrido. A comida estará composta de entrante, mariscada ou parrillada de carne, postre e café, aínda que tamén haberá sorpresas.


A saída está programada para as 8:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. As persoas interesadas poden solicitar máis información chamando ao teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello organiza unha viaxe ao Grove o próximo 30 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies