Noticias y alertas

O Concello anuncia os gañadores do certame fotográfico ‘Mi rincón favorito de Guitiriz’

11/09/2024

O Concello de Guitiriz desvelou os gañadores do certame fotográfico ‘Mi rincón favorito de Guitiriz’, iniciativa que se enmarca dentro dun proxecto maior que une a municipios de todo o país e que entregará premios a nivel nacional.


O primeiro premio, dotado con 200 euros, foi para Carmen Blanco Purriños, de Xermade, mentres que o segundo premio, con 100 euros de recompensa, foi para Mónica Vila Ferreirós, de Vilanovade Arousa. No certame participaron máis de 50 fotografías, que foron compartidas a través da rede social Instagram baixo a etiqueta #mirinconfavoritodeguitiriz.


O obxectivo desta convocatoria era o de estimular a capacidade creativa dos concursantes e potenciar a promoción turística da localidade mediante a participación cidadá. Con esa intención elixiuse a rede social Instagram, por un lado pola sua penetración na sociedade e, por outro, pola viralidade que xerarían as creacións dos propios participantes do certame.


A fotografía gañadora, que neste caso foi a de Carmen Blanco, optará agora aos galardóns nacionais do proxecto ‘Mi rincón favorito’, que se darán a coñecer o 27 de setembro, Día Mundial do Turismo. Haberá cinco premios, sendo o maior de 500 euros, e 10 accésit con valor de 50 euros.


A fotografía gañadora do segundo premio.


O artigo O Concello anuncia os gañadores do certame fotográfico ‘Mi rincón favorito de Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies