Noticias y alertas

A Aula CeMIT acollerá en setembro un obradoiro sobre control parental e outro sobre programación de videoxogos

11/09/2024

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá en setembro un obradoiro sobre control parental e outro sobre programación de videoxogos. Ambos obradoiros serán impartidos por persoal do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia. Contan con entrada de balde e son abertos ao público, aínda que teñen prazas limitadas, polo que é preciso realizar unha inscrición na propia Aula CeMIT ou a través do correo electrónico (cemit.guitiriz@xunta.gal).


O primeiro deles será o ‘Obradoiro Control Parental’, destinado a un público adulto e que se impartirá na Aula CeMIT o mércores 18 de setembro en horario de 18:00 a 19:30 horas. Durante esta sesión abordaranse temáticas como os riscos dun mal uso da tecnoloxía, as bases dunha boa educación dixital, as distintas ferramentas e aplicacións de control parental e as existentes para un bo uso das tic cun enfoque creativo.


O segundo deles, titulado ‘Scratch Day’, está destinado a menores, pero é imprescindible que acudan acompañados dun adulto. Será o sábado 21 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 horas e está relacionado co mundo dos videoxogos. Este obradoiro será unha introdución divertida no mundo da programación, pois aprenderase a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch. En total realizaranse tres videoxogos relacionados con deportes presentes nos pasados Xogos Olímpicos e irase incrementando a complexidade a medida que se avanza.


Para obter máis información sobre os obradoiros e consultar dúbidas pódese escribir aos enderezos electrónicos da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal) e da biblioteca municipal (biblioteca@concellodeguitiriz.com), ou chamar por teléfono ao 982 370 062.


O artigo A Aula CeMIT acollerá en setembro un obradoiro sobre control parental e outro sobre programación de videoxogos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies