Noticias y alertas

A Aula CeMIT abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2024-25 o mércores 11 de setembro

10/09/2024

A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2024-25 o mércores 11 de setembro. O prazo estará aberto ata o próximo mércores 18 de setembro e as inscricións pódense formalizar na propia aula de xeito presencial sen custo algún.


As clases darán inicio o luns 7 de outubro e haberá varias quendas, dúas para persoas adultas e outras dúas para menores. As primeiras delas, as de adultos, serán os martes e xoves pola mañá, en horario de 10:30 a 12:00 horas, ou pola tarde, en horario de 16:30 a 18:00 horas. Por outra banda, as quendas para a rapazada dividiranse segundo a idade. Os nenos e nenas e 7 a 9 anos asistirán aos talleres os luns de 16:15 a 17:45 horas, mentres que os de 10 a 12 anos farano os mércores de 16:15 a 17:45 horas.


Para obter máis información sobre os cursos e consultar dúbidas pódese escribir aos enderezos electrónicos da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal) e da biblioteca municipal (biblioteca@concellodeguitiriz.com), ou chamar por teléfono ao 982 370 062.


O artigo A Aula CeMIT abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2024-25 o mércores 11 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies