Noticias y alertas

Preto de 60 persoas participaron no Día da Bici celebrado o domingo en Guitiriz

09/09/2024

O pasado domingo 8 de setembro celebrouse en Guitiriz o Día da Bici, un evento organizado polo Concello e polo club Btteiros Cova da Serpe. Unha xornada para os amantes dos pedais na que participaron preto de 60 persoas de todas as idades, desde nenos de 3 anos ata deportistas máis veteranos.


O evento iniciouse con dúas rutas en bicicleta polos dous percorridos propostos pola contorna do Concello de Guitiriz. O primeiro tiña unha duración de 9 quilómetros e atravesaba o Balneario, mentres que o segundo tiña unha duración de 20 quilómetros e pasaba por Parga, a Fonte de Valdovín, a Ruta da Auga e o Balneario.


Tras as rutas, os participantes puideron repoñer forzas no avituallamento do Balneario de Guitiriz. Posteriormente celebráronse outras actividades, como unha xincana e un circuíto de pump track. Xa para rematar a xornada do Día da Bici os asistentes desfrutaron duns pinchos cortesía do Concello de Guitiriz.



O artigo Preto de 60 persoas participaron no Día da Bici celebrado o domingo en Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies