Noticias y alertas

O luns 9 de setembro abre o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria

06/09/2024

O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 9 de setembro, o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria que arrincará no mes de outubro nas súas sedes de Guitiriz e Parga.


O grupo de Guitiriz verase os venres ás 11:30 horas na Casa Habanera a partir do venres 18 de outubro e o grupo de Parga os xoves ás 11 horas na Escola das Nenas do Campo da Feira, con inicio neste caso o xoves 17 de outubro. As persoas participantes realizarán actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.


O prazo para anotarse remata o 11 de outubro e pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro da casa do concello ou a través da sede electrónica.


SOLICITUDE ESTIMULACION COGNITIVA


O artigo O luns 9 de setembro abre o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies