Noticias y alertas

A exposición ‘O soño cubano da emigración galega’ inaugurarase o venres 6 de setembro na biblioteca pública

04/09/2024

A biblioteca pública municipal de Guitiriz acollerá o venres 6 de setembro a inauguración da exposición ‘O soño cubano da emigración galega’, unha das actividades programadas para a celebración do centenario da Escola Habanera.


O acto dará comezo ás 12:45 horas na Casa Habanera e contará coa asistencia da alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, e da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.


Durante a presentación tamén se desvelará unha placa conmemorativa polos 100 anos da Escola Habanera.


A exposición ‘O soño cubano da emigración galega’, cedida polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral da Emigración, pretende amosar un percorrido polas fases e facetas principais da epopea migratoria que levou a preto e 200.000 galegos e galegas a Cuba. Abrangue desde a chegada das e dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando polas súas asociacións, a situación da muller inmigrante, as publicacións e proxectos políticos para Galicia xurdidos en Cuba e a pegada deixada polos galegos e galegas na sociedade cubana.


A mostra permitirá coñecer unha relación que se remonta moito atrás e que se acentúa no século XX, xa que se estima que a illa acolleu a máis de 200.000 galegos e que os nados en Galicia chegaron a ser o 9% de poboación total da Habana.


A exhibición consta de trinta paneis que permiten descubrir o perfil do galego emigrante na Habana e coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba que explica que boa parte dos símbolos da identidade galega tivesen alí a súa raizame. Fotografías, documentos privados e materiais procedentes do asociacionismo galego ilustrarán esta mostra, que revisa unha destacada e potente relación histórica.


O artigo A exposición ‘O soño cubano da emigración galega’ inaugurarase o venres 6 de setembro na biblioteca pública publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies