Noticias y alertas

O Concello celebrará o Día da Bici o próximo domingo 8 de setembro

03/09/2024

O Concello de Guitiriz celebrará o próximo domingo 8 de setembro o Día da Bici, un evento organizado en colaboración co club Btteiros Cova da Serpe. Constará de dúas rutas de diferente distancia pola contorna do Balneario de Guitiriz, Parga e Ruta da Auga. A primeira das rutas terá unha duración de 9 quilómetros, mentres que a opción para os ciclistas máis avanzados estenderase ata os 20 quilómetros de distancia.


O evento comezará ás 10 horas, cando se realizará a saída desde a nave do Senpa, xunto ás pistas de pádel. Tras as rutas haberá diversos xogos coas bicis e máis sorpresas.


É preciso realizar unha inscrición previa, sen ningún custo, que se pode facer de xeito presencial no propio Concello de Guitiriz ou a través das redes sociais de Btteiros Cova da Serpe, aclarando no momento a distancia desexada.


O acto de presentación tivo lugar no recinto do Iberik Gran Balneario de Guitiriz e participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, o concelleiro de Deportes, Iván Morado, o presidente do club, Alberto Fonte, e o tesoureiro, Iván Amenedo.



O artigo O Concello celebrará o Día da Bici o próximo domingo 8 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies