Noticias y alertas

A KDD X Aniversario de Btteiros Cova da Serpe reuniu a máis de 100 participantes de toda Galicia en Guitiriz

02/09/2024

O pasado domingo 1 de setembro tivo lugar a KDD X Aniversario de Btteiros Cova da Serpe, organiza polo club do mesmo nome e o Concello de Guitiriz. Durante esta xornada celebráronse dúas rutas diferentes, unha de de 29 quilómetros e outra de 41, adaptándose aos diferentes tipos de participantes.


O evento do décimo aniversario do club congregou en Guitiriz a máis de 100 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia. Os participantes puideron gozar das pistas e sendeiros da zona do Pantano de San Xoán, nunha xornada cunha meteoroloxía ideal para a práctica do ciclismo.


Tras o remate das rutas, os asistentes puideron compartir opinións e anécdotas relacionadas coa súa grande paixón, as rutas en bicicletas, nun brindis e unha comida, pasando un rato agradable en boa compañía.


O artigo A KDD X Aniversario de Btteiros Cova da Serpe reuniu a máis de 100 participantes de toda Galicia en Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies