Noticias y alertas

A biblioteca pública acollerá o xoves a presentación do libro ‘O pracer da chuvia’ de Manuel Vázquez

02/09/2024

A biblioteca pública municipal de Guitiriz acollerá o próximo xoves 5 de setembro a presentación do libro ‘O pracer da chuvia’, coa presenza do seu autor, Manuel Vázquez.


O acto será ás 20:00 horas na Casa Habanera e contará coa asistencia da alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, e dos tamén escritores Alfonso Blanco Torrado e Marica Campo, que acompañarán ao autor durante a presentación do seu libro. Ademais, o acto estará amenizado por unha actuación de danza a cargo de Marta Cuba.


O pracer da chuvia’ é a primeira novela do autor lucense Manuel Vázquez, na que mistura a defensa e a reivindicación do rural co carácter urbano. Ademais, conta cun prólogo de Xesús Trashorras.


O artigo A biblioteca pública acollerá o xoves a presentación do libro ‘O pracer da chuvia’ de Manuel Vázquez publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies