Noticias y alertas

O Concello habilita un apartado de pago de recibos en liña na páxina web municipal

27/08/2024

O Concello de Guitiriz habilitou un apartado de pago de recibos en liña na páxina web municipal. Este servizo está dispoñible desde o apartado principal da web do Concello, xusto ao lado do acceso á sede electrónica.


A través desta pestana poderanse pagar vía web os recibos do Concello que conteñan un código de barras, como o do lixo ou o do vao permanente.


O seu funcionamento é moi sinxelo. Unha vez se preme no apartado de ‘Pago en liña’ ábrese unha pestana da plataforma do banco onde arriba, no primeiro nivel, xa aparece o apartado para escribir o código de barras. Este código de barras sitúase na parte inferior dereita dos recibos. Unha vez introducido, basta con engadir os datos bancarios solicitados e premer no botón de continuar, procedéndose deste xeito ao pago en liña.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “con esta medida, buscamos facilitar as xestións e o pago dos recibos municipais aos veciños e veciñas, que deste xeito contan cun método máis sinxelo, intuitivo e moderno para poder facelo sen saír da casa”.


O artigo O Concello habilita un apartado de pago de recibos en liña na páxina web municipal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies