Noticias y alertas

O Concello renova o acordo co centro deportivo D10 de Outeiro de Rei para o curso 2024-2025

26/08/2024

O Concello de Guitiriz renovou o acordo co centro deportivo D10 de Outeiro de Rei para o curso 2024-2025. A través deste acordo todas as persoas empadroadas no Concello terán importantes descontos nas actividades ofrecidas no centro deportivo durante o vindeiro curso, como por exemplo na natación.


As inscricións nas diferentes actividades poden facerse no propio centro deportivo. Unha vez realizada a inscrición, é preciso achegarse ao Concello para facilitar os datos persoais para que os servizos municipais poidan acreditarlle ao centro deportivo D10 que os apuntados están empadroados para poder realizar o correspondente desconto nas actividades.


Por outra banda, este curso non haberá grupos preestablecidos, polo que cada solicitante poderá pedir o horario que mellor se adapte as súas necesidades. Posteriormente, será o centro o que informe se hai praza dispoñible ou non no horario solicitado.


Pódese solicitar máis información no Concello ou chamando ao teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello renova o acordo co centro deportivo D10 de Outeiro de Rei para o curso 2024-2025 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies