23/08/2024
O Concello de Guitiriz abre o prazo para inscribirse na xornada ‘Iniciación o piragüismo’, que se celebrará o xoves 5 de setembro no CIT de Parga en colaboración co Club de Piragüismo Cidade de Lugo.
O prazo de inscricións estará aberto ata o próximo venres 30 de agosto e para que se celebre a actividade ten que haber un mínimo de oito persoas apuntadas. As prazas son limitadas e as inscricións pódense formalizar de xeito presencial no propio Concello.
É imprescindible saber nadar, polo que será obrigatorio firmar unha declaración responsable que así o asegure. A actividade está pensada para persoas adultas e crianzas de máis de 7 anos de idade.
Os horarios serán confirmados unha vez se peche o período de inscricións, xa que variarán en función do número de persoas que se anoten na actividade.
DECLARACIÓN REPONSABLE SABER NADAR
O artigo Aberto o prazo para inscribirse nunha xornada de iniciación o piragüismo no CIT de Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies