Noticias y alertas

O Concello destina 16.000 euros para as liñas de axudas ao material, transporte e redución da fenda dixital para o curso escolar 2024-2025

22/08/2024

O Concello de Guitiriz destina un orzamento de 16.000 euros para financiar as diferentes liñas de axudas para a compra de material, transporte e redución da fenda dixital dirixidas a escolares para o curso 2024-2025.


Está convocatoria establece como beneficiarias ás familias empadroadas no Concello de Guitiriz que teñan menores ao seu cargo matriculados en centros públicos de Educación Infantil (2º Etapa, de 3 a 5 anos), BAC, ESO e matriculados en ciclos formativos ou universitarios.


O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro. A documentación e as bases cos requisitos de participación poden obterse na páxina web municipal www.concellodeguitiriz.com ou de xeito presencial nas oficinas de Servizos Sociais Municipais ou no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz


En total preséntanse catro liñas de axudas. A primeira é a liña de axudas ao material escolar, dirixida ao alumnado de educación infantil (2ª etapa de 3 a 5 anos) e bacharelato (residentes en Guitiriz matriculados en centros municipais ou de fóra), que ten por obxectivo cubrir as necesidades de material didáctico, libraría e/ou reprografía e os dispositivos adaptados a nenos e nenas con necesidades educativas especiais.


A segunda está orientada para os rapaces e rapazas universitarios, estudantes de F.P. Básico ou que cursen ciclos formativos, cunha liña de axudas para financiar as súas necesidades de desprazamento, tanto ao lugar onde realizan a formación como de transporte interurbano se fose o caso.


Por último, e co obxectivo de salvar a fenda dixital existente no rural, habilítanse dúas liñas. Por unha banda, axudas para a mellora da conexión dixital, para que o alumnado de 5º e 6º de primaria e o da ESO poida acceder a contratos de liñas WIFI, de subministro de datos ou doutros dispositivos existentes no mercado. Pola outra, para a adquisición de dispositivos tecnolóxicos (ordenadores, portátiles ou tabletas), dirixida ao alumnado de 4º da ESO e bacharelato empadroado en Guitiriz, independentemente de que curse estudos en centros fóra do municipio.


Estas liñas de axuda son incompatibles entre elas, é dicir, cada estudante só poderá optar a unha delas. O obxectivo final destas axudas é favorecer a integración sociolaboral de pais e nais nos titores/acollidos, apoiando á unidade familiar que, por carecer de recursos económicos, pode asumir o custo do servizo baixo a competencia atribuída aos concellos.


Estas axudas enmárcanse dentro da Liña 3 “Cooperación, solidariedade e desenvolvemento humano” do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Guitiriz. As axudas irán destinadas ás familias, tendo en conta o poder adquisitivo do concello e serán compatibles con calquera outra que reciban polo mesmo concepto.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “con estas axudas o goberno municipal busca que os nenos e nenas de Guitiriz poidan ter as mesmas oportunidades de estudo, ao tempo que as familias poidan afrontar os diferentes gastos do curso escolar”.


BASES 2024-25


ANEXO 1


ANEXO 2 CERTIFICADO CENTROEDUCATIVO


ANEXO 3 AUTORIZACIÓN CONSULTA DATOS FISCAIS


ANEXO 4 DECLARACION RESPONSABLE


ANEXO V CONTA XUSTIFICATIVA (FASE XUSTIFICACIÓN)


O artigo O Concello destina 16.000 euros para as liñas de axudas ao material, transporte e redución da fenda dixital para o curso escolar 2024-2025 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies