Noticias y alertas

Aberto o prazo para o curso ‘@s nos@s maiores, mellor acompañad@s’ para a formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 60 anos

21/08/2024

Ábrese o prazo para as inscricións no curso ‘@s nos@s maiores, mellor acompañad@s’, adicado á formación en novas tecnoloxías para persoas de máis de 60 anos. Neste taller, no que se fomenta a autonomía das persoas maiores, ensinaranse conceptos tecnolóxicos para que aprendan a desempeñarse por eles mesmos en trámites cotiás como o uso do caxeiro automático, do teléfono móbil, da aplicación do Sergas ou da máquina de quendas dos concellos e centros de saúde.


O curso será impartido pola Fundación Amigos de Galicia os días 5, 12, 19 e 26 de setembro en horario de 10:00 a 12:30 horas na biblioteca pública municipal de Guitiriz. A inscrición é de balde e pódese formalizar a través do teléfono 982 37 00 62.


As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, sendo necesarias un mínimo de 15 persoas para que o curso sexa organizado. Trátase dunha boa oportunidade para que as persoas maiores coñezan mellor o funcionamento das novas tecnoloxías, especialmente aquelas que precisan usar no seu día a día, cunha formación que ten como obxectivo fomentar a súa autonomía e a súa independencia.


O artigo Aberto o prazo para o curso ‘@s nos@s maiores, mellor acompañad@s’ para a formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 60 anos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies