Noticias y alertas

A biblioteca municipal acolle o obradoiro de iniciación ao lettering ‘Debuxar letras’ o próximo 8 de agosto

01/08/2024

O A biblioteca municipal do Concello de Guitiriz acolle o próximo xoves 8 de agosto o obradoiro de iniciación ao lettering ‘Debuxar letras’, impartido por Alba Ibañez Farto. Trátase dun curso no que se darán os primeiros pasos na técnica do ‘lettering’, tamén coñecida como rotulación, que consiste en debuxar as letras con diferentes técnicas e utensilios como pinceis, rotuladores ou tinta. A idea é a de sentar as bases para que os asistentes sigan practicando na casa e poidan chegar a debuxar as letras con soltura, creando a súa propia obra.


Neste obradoiro, orientado a un público en idade escolar, a rapazada descubrirá o desenvolvemento creativo, así como as virtudes desta disciplina, xa que por exemplo favorece a concentración e a relaxación. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en asistir terán que inscribirse na propia biblioteca dende o 2 ao 7 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inscrición é completamente de balde.


O obradoiro ‘Debuxar letras’ contará con dúas quendas de diferente duración. A primeira terá unha duración de 45 minutos, indo dende as 10:45 ás 11:30 horas, mentres que a segunda terá unha duración dunha hora, dende as 11:45 ás 12:45 horas.


O artigo A biblioteca municipal acolle o obradoiro de iniciación ao lettering ‘Debuxar letras’ o próximo 8 de agosto publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies