Noticias y alertas

Abre este xoves, 1 de agosto, o prazo do servizo de conciliación para curso 24/25

29/07/2024

O Concello de Guitiriz abrirá o próximo xoves, 1 de agosto, o prazo de matrícula para participar durante o curso escolar 2024-2025 en ‘Guitiriz Concilia’, o servizo de conciliación municipal da vida laboral e familiar dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.


Novidade este ano do ‘Parga Madruga’


Esta actividade levarase a cabo en dous horarios diferentes, coas opcións de ‘Guitiriz Madrugador’ e ‘Parga Madruga’ de 8:00 a 9:30 horas, que se organizarán no CEIP Lagostelle e no CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente, e a opción de ‘Concilia Tardes’, que será organizada no CEIP Lagostelle de 16:00 a 20:00 horas. No primerio caso búscase atender aos rapaces e rapazas antes da entrada na escola, mentres que no segundo cubrir o horario posterior ao colexio. A data de inicio será o luns 11 de setembro.


Todas as familias interesadas no curso terán que presentar a solicitude cumprimentada e asinada, ademais do xustificante de pago das taxas, que varían en función da modalidade escollida.


No caso das opcións de mañás o prezo será de 75 euros para aqueles que se anoten 3 días á semana ou máis, de 50 euros para 1 ou 2 días á semana e de 20 euros para un máximo de 3 días ao mes. Para o ‘Concilia Tardes’, máis de 3 días á semana suporá un total de 100 euros, 1 ou 2 días á semana 75 euros e un máximo de 3 veces ao mes 35 euros.


A rapazada poderá participar nas propostas de actividades que se levan a cabo, xogar nos diferentes recunchos que se ofrecen ou realizar as súas tarefas escolares e estudar, se así o desexan. Favoreceranse actividades e propostas relacionadas co xogo grupal e non competitivo, relacionadas coa igualdade e o respecto pola contorna e pola natureza.


O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 30 de agosto. As familias interesadas poden presentar a documentación requirida a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Concello. Tamén poderán obter máis información no teléfono municipal 982 370 109.


SOLICITUDE NOVA MATRÍCULA 24/25



O artigo Abre este xoves, 1 de agosto, o prazo do servizo de conciliación para curso 24/25 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies