Noticias y alertas

A XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase o domingo 21 de xullo

11/07/2024

O próximo domingo, 21 de xullo, a carballeira de Parga acollerá a XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, organizada polo Concello de Guitiriz e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga.


A programación comezará ás 8:30 horas coa apertura do XXVI Certame de Cantería e ás 10 horas terá lugar a apertura da Mostra de Artesanía. Ás 11 horas comezarán as actuacións musicais, a cargo dos grupos municipais da banda de música, o grupo de gaitas e a UNED Sénior e tamén estará amenizando a xornada a agrupación Na Casa Zoqueiro e Asubios da Chaira.


Ás 13:30 horas terá lugar o pregón, que correrá a cargo do director do Colexio Santo Estevo de Parga, Rubén Iglesias Seoane. O fallo do xurado e a entrega de premios terá lugar ás 14 horas.


A partir de media mañá comezará a venda das racións de callos e tamén haberá polbo.


Logo, pola tarde, a partir das 16 horas, celebrarase o campionato galego de Andadura federada 2024, que inclúe: cabalo novos, menos de 150 serrada, menos de 150 chapeada, máis de 150 serrada, sub-18 e máis de 150 chapeada.


O artigo A XXIX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase o domingo 21 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies