Noticias e alertas

Arranca con 42 participantes a XVI edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe, organizado polo Concello e a USC

26/06/2024

Deu comezo a decimo sexta edición do programa de seminarios de verán sobre a paisaxe que organizan conxuntamente o Concello e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que ten lugar na Casa Habanera. As actividades do campus de verán desenvolveranse ata este venres, 28 de xuño, e contan ca participación de 42 alumnos e alumnas.


Ó acto de inauguración acudiron a alcaldesa, Marisol Morandeira; o adxunto á Vicerreitoría de Ordenación Académica e Campus de Lugo da USC, Antonio Álvarez Rodríguez; a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Paula Uría Traba e os codirectores do Curso de Verán, Roxelio Pérez Moreira e María Julia Melgar Riol.


Marisol Morandeira amosouse “encantada” de “estar aquí unha vez máis, e xa é a miña quinta vez, inaugurando este curso de verán”. A rexedora salientou que “o cambio climático é algo que se percibe no día a día, o salta á vista que o clima de hai 20 anos non é o que temos agora, e isto é algo que temos que ter en conta.


“Aquí temos a sorte de vivir nun refuxio climático e todos, con pequenas accións, podemos contribuír a retrasar o máximo posible ese cambio drástico que están a sufrir xa en moitas zonas do planeta”, indicou Morandeira, engadindo que “os representantes das administracións temos unha responsabilidade maior xa que coas nosas políticas temos que axudar a que o noso planeta sega sendo habitable”.


Roxelio Pérez Moreira destacou que “somos o curso máis veterano de todos os que se teñen organizado pola USC e dos que máis matriculados teñen cada ano” e comentou que “este campus sirve para a reflexión e para a concienciación, temos que implicarnos contra o cambio climático porque nós somos arte e parte da paisaxe”.


Pola súa parte, Xulia Melgar, calificou a Guitiriz como “nuestro concello de adopción, somos una familia que ya está integrada en este entorno tan bello”. “Este curso nos permite socializar, volver a encontrarnos, disfrutando del paisaje y de la gastronomía”, afirmó.


Paula Uría quixo facer fincapé en que “o cambio climático dá para falar moito porque a acción do clima ten moitas perspectivas e creo que ides a aprender moito e vos ides a atopar con perspectivas dirixidas a un obxectivo común, preservar o noso planeta”.


Por último, Antonio Álvarez, afirmou que “temos por diante tres días apaixonantes nos que vades a descubrir moitas cousas sobre o cambio climático e van a surxir ideas interesantes”.


Preto da maioría de idade


Estes seminarios, que xa alcanzan a décimo sexta edición, procuran un achegamento á paisaxe e á natureza a través de diversas disciplinas artísticas ou culturais e das percepcións emocionais. O tema central escollido para este ano é o cambio climático, que se evidencia como unha ameaza real.


O obxectivo é examinar o clima galego, reflexionando desde diferentes perspectivas interdisciplinares sobre as máis pertinentes accións de mitigación ou de adaptación, no relativo á relación entre cambio climático e paisaxe.


O alumnado poderá desfrutar de conferencias e de outras actividades como a proxección audiovisual de “As nubes na arte” ou unha ruta a pé polo municipio. O campus de verán clausurarase o venres cunha actuación de Sabela Olivares Rivas.


Unha vez finalizados os seminarios os alumnos recibirán un diploma que certificará a súa asistencia e o número de horas realizadas ademais da obtención dun crédito ECTS para os estudantes da USC.


O artigo Arranca con 42 participantes a XVI edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe, organizado polo Concello e a USC publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies